A Confraría de Pescadores San Martín recibíu unha axuda económica de 24.000€ no ano 2019 a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

Este proxecto é unha continuación do proxecto co mesmo título solicitado no ano 2018 e co que se pretende proseguir coa recuperación dos bancos incluídos no proxecto.

Os obxectivos xerais do proxecto son:

  • Contribuír á conservación e restauración dos hábitats naturais e a fauna e flora salvaxes.
  • Reverter os efectos negativos dos procesos de depósito de limos, materia orgánica e apelmazamento do substrato.
  • Recuperación da produción de bancos marisqueiros.
  • Acadar un equilibrio entre a conservación e explotación dos recurso mariños garantindo a sustentabilidade dos dous factores.
  • Fomentar a concienciación sobre as problemáticas que afectan ós ecosistemas e incentivar a súa implicación activa na conservación dos mesmos.
  • Mellora das condicións laborais do sector marisqueiro de “a flote”.
  • Evitar o abandono de zonas marisqueiras pouco produtivas coa conseguinte degradación do medio mariño.

Outros obxectivos específicos do proxecto son:

  • Mellora da biodiversidade, coa adición de substrato de granulometría adecuada e o seu mantemento en condicións axeitadas para a fixación e crecemento de moluscos bivalvos e outros organismos bentónicos.
  • Mantemento do substrato en condicións axeitadas para o establecemento de poboacións estables de fauna bentónica.
  • Favorecer a rotación entre bancos marisqueiros, conseguindo unha mellor redistribución dos traballos de extracción facendo a actividade máis respectuosa e sustentable ó longo do tempo.
  • Aumentar o peso económico da explotación de especies autóctonas de ameixa.
  • Aproveitar os recursos propios da Confraría, dentro da medida do posible para satisfacer as necesidades do sector.

Con este proxecto preténdense acadar os seguintes resultados:

  • Unha mellora do hábitat e un aumento da biodiversidade.
  • A recuperación dun banco marisqueiro pouco produtivo, facilitándose así a rotación dos traballos entre os bancos distribuíndo a presión de traballo entre máis bancos.
  • Mellora das condicións laborais do sector marisqueiro e/ou aumento do número de permex futuros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario