A Confraría de Pescadores San Martín recibíu unha axuda económica de 22.300€ no ano 2019 a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

Este proxecto é unha continuación do proxecto co mesmo título solicitado no ano 2018 e co que se pretende proseguir coa recuperación do banco incluído no proxecto.

Os obxectivos xerais do proxecto son:

  • Mellora do substrato.
  • Aumento da biodiversidade na zona.
  • Limpeza da zona.
  • Recuperación da produción do banco marisqueiro.
  • Mellora das condicións laborais das mariscadoras.
  • Aumento do valor paisaxístico da zona a recuperar.
  • Evitar o abandono de zonas marisqueiras pouco produtivas.

Outros obxectivos específicos do proxecto son:

  • Mellora da biodiversidade, coa adición de substrato de granulometría adecuada e o seu mantemento en condicións axeitadas para a fixación e crecemento de moluscos bivalvos e outros organismos bentónicos.
  • Eliminación de residuos sólidos.
  • Aumento da produción marisqueira do banco.
  • Mantemento do substrato en condicións axeitadas para o establecemento de poboacións estables de fauna bentónica e ameixas autóctonas.
  • Diminuír, na medida do posible, a dependencia dos ingresos das mariscadoras na ameixa xapónica.

Con este proxecto preténdense acadar os seguintes resultados:

  • Unha mellora do hábitat e un aumento da biodiversidade.
  • A recuperación dun banco marisqueiro pouco produtivo, facilitándose así a rotación dos traballos entre os bancos distribuíndo a presión de traballo entre máis bancos.
  • Unha mellora da distribución espacial e abundancia relativa das especies autóctonas.
  • Mellora das condicións laborais das mariscadoras e aumento do número de permex

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario