A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 34.600€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para o proxecto de “Restauración e rexeneración do banco marisqueiro de Porca Morta”

O obxectivo xeral do proxecto son:

  • Mellora do substrato.
  • Aumento da biodiversidade na zona.
  • Limpeza da zona.
  • Recuperación da produción do banco marisqueiro.
  • Mellora das condicións laborais das mariscadoras.
  • Evitar o abandono de zonas marisqueiras pouco produtivas.

 

Entre os obxectivos específicos do proxecto están:

  • Mellora da biodiversidade, co acondicionamento e o seu mantemento en condición axeitadas para a fixación e crecemento de moluscos bivalvos e outros organismos bentónicos.
  • Eliminación de residuos sólidos.
  • Aumento da produción marisqueira no banco, priorizando especies autóctonas.
  • Mantemento do substrato en condicións axeitadas para o establecemento de poboacións estables de fauna bentónica e ameixas autóctonas.

 

Con este proxecto prevese recuperar un banco marisqueiro pouco produtivo, facilitándose así a rotación dos traballos entre os distintos bancos distribuíndo a presión de traballo entre mais bancos. O proxecto será desenvolvido en dúas anualidades: 2020-2021

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario