A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 40.900€, dos cales o 75% son cofinanciados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para o proxecto de “Restauración e rexeneración do banco marisqueiro de Via Norte – Illeiriña

Coas accións contempladas no proxecto espéranse acadar os seguintes obxectivos xerais:

 

– Contribuír á conservación e restauración dos hábitats naturais e a fauna e flora salvaxes.

– Mellorar a calidade de substrato para favorecer a fixación larvaria.

– Recuperación da produción de bancos marisqueiros.

– Acadar un equilibrio entre a conservación e explotación dos recursos mariños garantindo a sustentabilidade dos dous factores.

– Mellora das condicións laborais do sector marisqueiro de “a pé”.

– Evitar o abandono de zonas marisqueiras pouco produtivas coa conseguinte degradación do medio mariño.

– Controlar a presenza e o impacto de especies exóticas invasoras.

– Controlar a presenza de lixo mariño.

Entre os obxectivos específicos do proxecto están:

  • Mellora da biodiversidade, co acondicionamento e mantemento do substrato en condicións axeitadas para a fixación e crecemento de moluscos bivalvos e outros organismos bentónicos.
  • Incrementar o stock de moluscos bivalvos.
  • Favorecer a rotación entre bancos marisqueiros, conseguindo unha mellor redistribución dos traballos de extracción facendo a actividade mais respectuosa e sustentable ao longo do tempo.
  • Aumentar o peso económico da explotación de especies autóctonas de ameixa
  • Reducir a presenza e impacto de especies alóctonas invasoras.
  • Incrementar/manter o esforzo de limpeza do lixo mariño.

Este proxecto levarase a cabo nas anualidades 2022-2023.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario