A Confraría de Pescadores San Martin foi beneficiaria dunha axuda económica a través das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como o fomento da sensibilización ambiental, de 140.070€, repartidos en 70.590€ na anualidade do 2020 e 69.480€ na anualidade do 2021.
Os obxectivos principal deste proxecto son:
- Recopilación de datos e mellora da xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros.
- Establecer medidas para o control, acceso ás zonas de produción e o seguimento das actividades pesqueiras, así como unha vixilancia efectiva dos bancos naturais, para unha maior produción, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños.
Obxectivos específicos:
- Asesoramento técnico á pesca e a xestión dos recursos mariños xerais.
- Optimización da xestión dos recursos biolóxicos mariños sometidos a plans de explotación.
- Planificación, seguimento e asesoramento das tarefas de cultivo.
- Colaboración coa Conselleria de Medio Ambiente no coidado do Complexo Intermareal Umia- O Grove.
- Colaboración co servizo de protección da Naturaleza (SEPRONA) e Augas de Galicia, en todo o relacionado co control de verquidos incontrolados, denuncias sobre verquidos, etc.
- Colaboración co Centro de Estudios de Mamíferos Mariños (CEMMA), cando aparecen arroaces e outros mamíferos varados nas concesións da Confraría.
- Contribución á vixilancia epidemiolóxica: envío de mostras ó Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
- Vixilancia e control do acceso ós recurso mariños e ás zonas de produción.
- Control do furtivismo e elaboración de actas de denuncia.
- Establecemento das condicións de acceso ás zonas de pesca e a realización dos controis de capturas nas zonas dos plans de explotación.
- Colaboración cos servizos de inspección pesqueira da Xunta de Galicia cando lles sexa requirido.