A Confraría de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica, financiada polo FEMP, para a realización de proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, por importe de 138.960€.

Este proxecto ten un prazo de execución que abrangue dende o 1 de Xullo de 2019 ata o 30 de Xuño de 2020.

O obxectivo principal deste proxecto é acadar unha xestión responsable dos recursos mariños e os hábitats costeiros, especialmente os que contan con figuras de protección ambiental, que sexa compatible coa mellora de vida e condicións laborais dos sectores implicados. As accións que permitirán cumprir con estes obxectivos son: o control e vixilancia das zonas extractivas, o seguimento da actividade extractiva e a sensibilización ambiental do sector.

Para poder cumprir con este obxectivo, a Confraría de Pescadores San Martín do Grove precisa contratar o seguinte persoal:

  • Asistencia técnica: contratase a un biólogo para que realice as labores de asesoramento e apoio técnico e de control dos recursos pesqueiros e marisqueiros, así como efectuar un seguimento do estado dos recursos, avaliación da explotación dos bancos naturais e tarefas de cultivo, así como a realización de tarefas administrativas relacionadas coa explotación dos recursos da Confraría de Pescadores San Martín do Grove.
  • Servizo de vixilancia: contrátanse a oito garda rurais (especialidade gardapesca) para a realización de actividades de conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, establecendo as condicións de acceso ás zonas de pesca da Confraría de Pescadores San Martín do Grove, para velar polo cumprimento da lexislación vixente en materia de pesca e marisqueo, en colaboración coa Consellería do Mar.

Os obxectivos específicos do proxecto son:

  • Asesoramento técnico á xestión dos recursos mariños.
  • Seguimento do estado dos recursos, avaliación da explotación dos bancos naturais e tarefas de cultivo.
  • Vixilancia e control do acceso ós recursos mariños e ás zonas de produción.
  • Control do furtivismo e elaboración de actas de denuncia.
  • Establecemento das condicións de acceso ás zonas de pesca e a realización dos controis de capturas nas zonas dos plans de explotación.
  • Colaboración cos servizos de inspección pesqueira da Xunta de Galicia cando lles sexa requirido.

 

Coa contratación dunha asistencia técnica e oito gardas rurais, acadáronse os seguintes resultados:

 

  • Control do tope de capturas e vixilancia dos traballadores do mar que recolectan os seguintes recursos específicos: navalla-longueirón e ourizo.
  • Control do tope de capturas e vixilancia das praias onde traballan as mariscadoras a pé desta Confraría, é dicir, nas zonas de Castrelo (Cambados), Vilalonga (Sanxenxo) e O Grove.
  • Control do tope de capturas e vixilancia dos traballadores do sector produtivo do marisqueo a flote da Confraría do Grove.
  • Colaboración coa Consellería de Pesca no control da pesca e do marisqueo extractivo fóra das concesións da Confraría do Grove, cada vez que precisan reforzos para levar a cabo un mellor servizo de vixilancia.
  • Colaboración coa Garda Civil, no control e vixilancia das persoas que practican pesca deportiva e de superficie con artes prohibidas (francada, truel…), co fin de conciencialos de que teñen que pescar con cana, tal e como obriga a normativa aplicable.
  • Erradicación do furtivismo que realizan os mergulladores nas concesións da Confraría, extraendo do mar todo tipo de produtos de maneira ilegal (en veda, sen permex…).
  • Colaboración coa Consellería de Medio Ambiente no coidado do Complexo Intermareal Umia-O Grove, xa que sobre o 50% das concesións da Confraría están dentro deste espazo protexido.
  • Colaboración co Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA), en todo o relacionado co control de verquidos incontrolados, denuncias de verquidos, etc.
  • Colaboración co Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA), cando aparecen arroaces e outros mamíferos varados nas concesións da Confraría.
  • Colaboración coa Policía Local do Grove e con Grumir (Grupo de Intervención Rápida da Protección Civil), no que se refire a actividades de salvamento, naufraxios, desaparecidos…
  • Mostraxes periódicas semestrais (primavera e outono) dos diferentes recursos marisqueiros, tanto na propia confraría como de zonas de libre marisqueo compartidas con outras confrarías. Elaboración de informes.
  • Outras mostraxes puntuais, colaboración en mostraxes dirixidas por biólogos da Delegación comarcal.
  • Recopilación e tratamento dos datos de capturas das especies marisqueiras explotadas nos distintos bancos (percebe, ourizo, ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, navalla, longueirón, etc). Envío das análises das CPUEs  vía e-mail ós biólogos de zona da delegación de Carril.
  • Seguimento da explotación dos diferentes recursos: mostraxes durante a extracción, controis de tamaños de capturas nos bancos, no punto de control e/ou na lonxa. Seguimento da variación do esforzo (tempo empregado, persoas ou tripulantes). Control de cupos. Tratamento dos datos.
  • Cartografía actualizada de bancos marisqueiros. Revisións periódicas: Incorporación de novos recursos, desaparición de outros….
  • Recepción de semente, mostraxes, seguimento e elaboración de informes de cultivo de moluscos, ata o momento da venda.
  • Seguimento dos parques de engorde na Praia (da semente provinte da batea) ata a sementeira definitiva nas zonas de extracción.
  • Coordinación e asesoramento en tarefas de semicultivo do marisqueo a pe e a flote: traslados de xuvenís, limpezas, rareos…
  • Estudios biolóxicos concretos de diferentes especies: biometrías, evolución da poboación e da explotación desta, crecemento, efectividade de rareos, evolución de implantación de diferentes técnicas de xestión, etc
  • Elaboración e seguimento de proxectos de rexeneración e elaboración de informes
  • Control e envío de datos sobre animais marcados e soltados por organismos de investigación
  • Elaboración e redacción dos Plans de Explotación dos diferentes  recursos marisqueiros.
  • Solicitudes mensuais de apertura ou anulación dos diferentes plans en curso.
  • Previa elaboración dos plans de explotación, preparación de xornadas técnicas e exposición de estado dos recursos e funcionamento dos plans, destinadas a cada sector e á representantes da administración implicados.
  • Reunións periódicas cos directivos dos distintos sectores para información e asesoramento, tanto con carácter biolóxico e de xestión como social, organizativo, etc.
  • Redacción de informes necesarios para ampliación de Permex, modificación de cupos, aparellos de pesca, etc.
  • Tramitación de permisos ante a administración: inmersión, sementeiras, rareos, traslados.
  • Xestión, recollida e envío de mostras para organismos oficiais: INTECMAR, CIMA, Instituto oceanográfico, CECUMAR, etc
  • Búsqueda e relación con diversos subministradores e provedores: semente, material de cultivo, áridos, servizos de rexeneración…
  • Elaboración de informes e seguimento do desenvolvemento de proxectos de rexeneración de bancos marisqueiros.
  • Elaboración e remisión de datos sobre explotación de recursos, solicitados á entidade por diversas institucións: Universidades, IGAFA, Oceanográfico, Colexios,
  • Realización de pedidos para adquisición de semente.
  • Redacción de informes técnicos e seguimento sobre diferentes actuacións con impacto nos recursos. Informes sobre perdas económicas derivados das mesmas.
  • Solicitude e tramitación de axudas convocadas pola Consellería de pesca e outros estamentos oficiais para mariñeiros, mariscadores, confrarías.
  • Elaboración de Planes de Seguridade para mergulladores.
  • Traballo de apoio en lonxa e Confraría: vixilancia, control, venda e pesada en lonxa, elaboración de vales e guías, redacción de escritos diversos, etc.
  • Participación na resolución de conflitos entre sectores, confrarías, asociacións…
  • Fomento de novas actividades para lograr un maior desenvolvemento económico nos distintos sectores da Confraría.

 

E, en xeral, colaboración con biólogos de zona e Axentes de Extensións, seguindo as instrucións indicadas dende a Consellería do mar.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario