A Confraría de pescadores San Martín do Grove, recibíu unha axuda económica no ano 2017 de 62.220€ e de 62.220€ no ano 2018, a través de proxectos colectivos, financiados polo FEMP, que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como, ó fomento da sensibilidade ambiental.

 

O Obxectivo principal deste proxecto e a recopilación de datos e mellora da xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros e establecer medidas para o control, acceso ás zonas de produción e o seguimento das actividades pesqueiras, así como unha vixiancia efectiva dos bancos naturais, para unha maior protección, conservación e sustentabilidade dos recursos mariños.

Obxectivos específicos:

  • Asesoramento técnico á xestión dos recursos mariños.
  • Seguimento do estado dos recursos, avaliación da explotación dos bancos naturais e tarefas de cultivo.
  • Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños.
  • Colaboración coa Consellería do Medio ambiente no coidado do Complexo Intermareal Umia-O Grove.
  • Colaboración co Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA), en todo o relacionado co control de verquidos incontrolados, denuncias sobre verquidos, etc.
  • Colaboración co Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA), cando aparecen arroaces e outros mamíferos varados nas concesións da Confraría.
  • Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ó Intecmar para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
  • Vixiancia e control do acceso ós recursos mariños e ás zonas de produción.
  • Control do furtivismo e elaboración de actas de denuncia.
  • Establecemento das condicións de acceso ás zonas de pesca e a realización dos controis de capturas nas zonas dos plans de explotación.
  • Colaboración cos servizos de inspección pesqueira da Xunta de Galicia cando lles sexa requirido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario