Xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas no ámbito territorial da Confraría de Pescadores San Martín do Grove

Este proxecto plurianual, consta de dúas anualidades; 2016 e 2017. E está subvencionado en 124.440€ polo FEMP, a través das axudas a proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade maríña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas.

O principal obxetivo deste proxecto é a recopilación de datos e mellora da xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros.

Outros obxetivos:

  • Asesoramento técnico á xestión dos recursos mariños.
  • Seguimento do estado dos recursos, avaliación da explotación dos bancos naturais e tarefas de cultivo.
  • Optimización e seguimento dunha correcta xestión dos recursos biolóxicos mariños.
  • Colaboración coa Consellería do Medio Ambiente no coidado do Complexo Intermareal Umia-O Grove
  • Colaboración co servizo de protección da natureza (SEPRONA), en todo o relacionado co control de verquidos incontrolados, denuncias sobre verquidos, etc.
  • Colaboración co centro de estudos de marmíferos mariños 8CEMMA9, cando aparecen arroaces e outros mamíferos varados nas concesións da Confraría.
  • Contribución á vixiancia epidemiolóxica: envío de mostras ó INTECMAR para coñecer o estado sanitario das augas e especies marisqueiras.
  • Etc

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario