A Confraría de San Martiño do Grove promove e facilita a capacitación e a profesionalización dos diferentes postos e persoas que forman parte dos equipos de traballo do sector.

Con este obxectivo cada ano organiza un programa de cursos e seminarios orientados a dar resposta ás necesidades formativas dos nosos asociados nas materias que son esenciais para a súa adecuada xestión e dirección: normativa, financiamento, xestión económica, comunicación, medición de impacto, etc.

A Confraría de San Martiño do Grove colabora con outras entidades na organización e difusión de programas destinados a formar aos equipos de traballo e profesionais do sector.
Proximamente publicaremos a listaxe de cursos dispoñibles