A cofradía de pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da pesca e da Acuicultura (FEMPA) para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos mariños e de arribazóns de algas ao proxecto “ Retirada de algas no Grove”, por un importe de 78.162,83€.

Este proxecto desenrolarase en dúas anualidades: 2026 e 2027 e contempla a retirada de algas nos bancos marisqueiros de Meloxo e Lombo das ostras, así como a compra de 500 botellas reutilizables, para evitar a xeración de residuos.

O obxectivo principal do proxecto é contribuír á protección e mellora do estado ecolóxico do medio mariño e das zonas produtivas marisqueiras mediante a retirada controlada de algas e arribazóns desde embarcación, reducindo o seu impacto negativo sobre os bancos marisqueiros e favorecendo a sustentabilidade da actividade do marisqueo e desenvolvemento de accións de sensibilización ambiental orientadas á prevención da contaminación mariña, promovendo o uso de materiais reutilizables e boas prácticas por parte dos profesionais do mar e o público en xeral.

 

O proxecto mellorará o estado ambiental das zonas marisqueiras mediante a retirada de algas e arribazóns, reducindo impactos sobre os bancos e ecosistemas costeiros. Fomentará a prevención da contaminación mariña mediante botellas reutilizables, e sensibilizará ao colectivo marisqueiro sobre boas prácticas ambientais.