A Consellería do Mar e a Cofradía de Pescadores San Martín do Grove asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo un proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira no Grove.

Este convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e a Confraría de Pescadores San Martiño do Grove para o desenvolvemento dun Plan de recuperación dos bancos marisqueiros, vinculado unicamente ao episodio de baixada da salinidade do ano 2026.

Así neste Plan de restauración recóllense unha serie de traballos cuxo obxectivo é o de conservación, mantemento ou mellora das condicións dos hábitats e/ou mellora da produción e accións de seguimento e vixilancia dos bancos marisqueiros a realizar polos mariscadores e mariscadoras, co fin de recuperar os bancos marisqueiros da Cofradía do Grove.

O importe total das achegas previstas no convenio por parte da Consellería do Mar ascende a un total de setecentos cincuenta e un mil trescentos setenta e un euros con sesenta e cinco céntimos (751.371,65 €), distribuídos en dúas anualidades: Setecentos dezanove mil trescentos setenta e oito euros con corenta e oito céntimos (719.378,48 €) no 2026 e trinta e un mil novecentos noventa e tres euros con dezasete céntimos (31.993,17 €) no 2027.

 

O importe total será cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) nun 70%, correspondendo o 30% restante á Administración autonómica.