A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda económica da Deputación de Pontevedra de:
15.581,82€ destinados a financiar gastos correntes da entidade. Neste Caso a Cofradía do Grove, adquiriu semente de ameixa xapónica.
4.202,17€ destinados a inversión, a través das cales a Cofradía adquiriu diverso material para a vixiancia: prismáticos, guantes, grilletes, defensas…e tamén equipos informáticos.
Gracias a esta axuda económica a cofradía pretende lograr:
Melloras nas condicións de traballo dos/as empregados/as.
Melloras nos servizos prestados aos/as asociados/as, en especial ao colectivo de marisqueo.
Mellora da competitividade da lonxa do Grove.
Mellora no equipamento da cofradia e na lonxa.
Aumentar a biodiversidade ao introducir a ameixa xaponesa, complementando este proxecto as sementeiras feitas polo sector empregando fondos propios.
Aumentar a presenza de bivalvos de valor comercial mediante a sementeira de ameixa xaponesa.
Aumentar a fixación natural de xuvenís de bivalvos comerciais nas zonas onde se sementa xa que a introdución da semente actúa como indutor, e o propio comportamento da especie contribúe a manter o substrato osixenado, retrasando procesos como a colmatación, depósito de limos ou de materia orgánica e favorecendo a fixación natural.


