A Cofradía de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda de 14.994,00 euros para a rexeneración dos bancos de marisqueo a pé, financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar.
O proxecto foi dirixido ao colectivo do marisqueo a pé. Na nosa confraría, éste divídese en dúas subzonas: O Grove e Castrelo. Para cubrir as necesidades do sector, repartiuse a semente en partes proporcionais entre ambas.
Para O Grove escolleuse unha parte coñecida como San Marcos, situada dentro do banco de Vía Sur (AR-106), e en Castrelo seleccionamos unha zona dentro do banco de Correlo (AR-103-1A)
As actividades levadas a cabo foron:
- Limpezas.
- Control de especies exóticas presentes na zona.
- Preparación e mellora das condicións do substrato.
- Introducción da ameixa xaponesa provinte de criadeiro.


