A Confraría de Pescadores San Martin foi beneficiaria dunha nova subvención da Consellería do Mar por importe de 2.395,80 € para unha segunda edición do curso de operador de grúa hidráulica para embarcacións, destinada a formación profesional dos profesionais do mar e as súas parellas. Esta axuda está cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e nun 30% pola Comunidade Autónoma.
En particular esta acción formativa é dun curso de operador de grúa para embarcacións para que os profesionais do mar interesados poidan ter a formación técnica necesaria para o manexo dunha grúa que foi adquirida recentemente. Esta grúa empregarase para as tarefas de carga e descarga de aparellos, caixas e outros materiais dende a embarcación ata o porto e viceversa.
Na actualidade, estas tarefas realízanse maioritariamente de maneira manual, o que supón a manipulación habitual de cargas pesadas e posturas forzadas, incrementando o risco de lesións e enfermidades profesionais, especialmente de carácter muscoesquelético.


