A Confraría de Pescadores San Martin foi beneficiaria dunha subvención da Consellería do Mar por importe de 4.800,00 € para unha formación sobre cómo emprender con materiais naturais, destinada a formación profesional dos profesionais do mar e as súas parellas. Esta axuda está cofinanciada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e nun 30% pola Comunidade Autónoma.
Os cursos baseáronse nunha aprendizaxe activa e participativa, na que as alumnas puideron coñecer o uso que se lle da as cunchas mariñas, como facer do oficio de colareira un negocio actual e rentable, como realizar varias pezas de bixutería, etc


