A cofradía de pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da pesca e da Acuicultura (FEMPA) para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradorios ao proxecto “ Melloras das condicións de traballo de mergulladores e adquisición de equipos para movemento de cargas”, por un importe de 20.090,87€.
Este proxecto está financiado polo FEMPA nun 70%, correspondendo o 30% restante á financiación da CA
O obxectivo xeral do proxecto é mellorar a seguridade, as condicións hixiénico-sanitarias e a ergonomía no traballo das persoas pescadoras, mediante a dotación de infraestruturas e equipamentos adecuados que reduzan riscos laborais, favorezan o benestar diario e optimicen a operatividade nas tarefas propias da pesca costeira artesanal.
Con este proxecto os resultados que se pretende acadar son:
- Melloras nas condicións de traballo e benestar das persoas pescadoras
- Redución de riscos laborais por esforzos na manipulación de cargas
- Aumento da competitividade da lonxa do Grove.

