A Cofradía puxo en marcha unha nova acción formativa para a obtención do título de patrón portuario, co obxetivo de reforzar a cualificación profesional das persoas vinculadas ao sector pesqueiro e marítimo e as súas parellas.
Este proxecto está financiado nun 70% polo FEMPA e nun 30% pola nosa CCAA, dentro das actuacións destinadas a fomentar a formación, o relevo xeracional e a igualdade de oportunidades no sector.
A iniciativa ten como principales obxetivos:
- Facilitar o acceso á formación os socios da Cofradía
- Promover a participación das parexas dos socios, favorecendo a súa capacitación e a súa incorporación a novas oportunidades profesionais
- Impulsar o relevo xeracional, ofrecendo ós xóvenes a posibilidade de obter unha titulación profesional con alta demanda no ámbito marítimo
Con esta actuación, a Cofradía reafirma o seu compromiso coa mellora da cualificación profesional e a competitividad do sector, apostando por unha formación de calidade que contribúa á creación de novas oportunidades de emprego e ao fortalecemento da actividade marítima.

