A cofradía de pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da pesca e da Acuicultura (FEMPA) para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradorios ao proxecto “ Incremento do control na lonxa do Grove”, por un importe de 100.240€.

Este proxecto está financiado polo FEMPA nun 70%, correspondendo o 30% restante á financiación da CA

O obxectivo xeral co proxecto é modernizar e optimizar o sistema de clasificación e pesaxe dos bivalvos desembarcados no porto, mediante a implantación de equipamentos automatizados que melloren a calidade comercial do produto, reforcen o control en primeira venda e garantan unha maior rastrexabilidade por lotes, tamaños e produtores/as, en coherencia cos obxectivos de mellora da calidade e incremento do control establecidos na Orde do 3 de xaneiro de 2026.

Resultados a obter coa implantación do proxecto:

  • Lotes homoxéneos por tamaño e peso, mellorando a calidade e presentación comercial.
  • Redución do tempo e esforzo do persoal na manipulación e clasificación do produto.
  • Incremento da transparencia e fiabilidade nas operacións de primeira venda.
  • Redución de perdas económicas derivadas de erros de clasificación ou reclamacións.
  • Fortalecemento da competitividade e sustentabilidade das explotacións de pesca artesanal e acuicultura tradicional.

En conxunto, o proxecto transforma a lonxa nun espazo máis eficiente, seguro e competitivo, contribuíndo á modernización e mellora continua dos servizos ofrecidos ás persoas pescadoras e acuicultoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario