A cofradía de pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria dunha axuda a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da pesca e da Acuicultura (FEMPA) para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradorios ao proxecto “ Instalación de acumuladores de enerxía na lonxa do Grove”, por un importe de 39.995€.
Este proxecto está financiado polo FEMPA nun 70%, correspondendo o 30% restante á financiación da CA
O obxectivo principal do proxecto é impulsar a modernización e sustentabilidade das infraestruturas portuarias mediante a instalación dun sistema de almacenamento de enerxía eléctrica de orixe renovable destinado ao autoconsumo colectivo, co fin de mellorar a eficiencia enerxética, reducir custos operativos e diminuír a pegada de carbono do porto.
Resultados esperados:
- Incremento do autoconsumo da enerxía renovable xerada polos paneis solares.
- Redución de custos enerxéticos das instalacións de uso común.
- Reforzo da competitividade e sustentabilidade da pesca artesanal e da acuicultura tradicional.
- Consolidación do porto como infraestrutura moderna, eficiente e sostible, con impacto positivo no tecido socioeconómico local.


