Este antigo oficio, caracterizado pola súa dureza e sacrificio, é unha modalidade específica de pesca dirixida á captura de moluscos bivalvos na costa sen utilizar embarcacións. Os bivalvos, moluscos e crustáceos se extraen nas zonas intermareais da costa, cando a praia está en baixamar e o areal queda seco e á vista. Para esta actividade fai falta esforzo físico e artes especificas como son sacho, pinza, anciño, aixada, sacha e ganchelo.
O marisqueo a pé é unha actividade psquera fundamental para a economía das poboacións costeiras das rías galegas, entre elas O Grove, onde «ir á seca» ademais de ter un gran peso social, tamén representa unha considerable fonte de ingresos ao dar traballo a moitas persoas, maioritariamente mulleres.
A el dedícanse directamente máis de cinco mil persoas en Galicia, das que ao redor de catro mil son mulleres, representando un 35-40% da produción de bivalvos no medio natural e facturando entre 20-25 millóns de euros. Con todo, este sector do cultivo de moluscos ten aínda unha gran marxe de crecemento tanto na súa produción como nos postos de traballo asociados.