Coa finalidade de apoiar e facilitar aos asociados a súa xestión cotiá, a Confraría San Martiño do Grove presta aos seus socios un servizo de asesoría xurídica, fiscal e contable, dirixido a facilitar o cumprimento das súas obrigacións nestas áreas e a resolver as dúbidas que a súa actividade cotiá exponlles desde unha perspectiva legal.

Todas os socios poden formular as súas consultas a través das vías de comunicación habituais da Confraría ou solicitando unha reunión nas nosas oficinas co equipo de asesoría.

Así mesmo a Confraría presta un servizo gratuíto de asesoramento a fundacións en constitución a persoas, institucións ou organizacións que estean a valorar a idoneidade da figura fundacional para o desenvolvemento dun proxecto con fins de interese xeral.