A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, dunha axuda económica de 10.840,70€, dos cales o 75% son co-financiados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para realizar o proxecto de “Adquisición equipos de pesada para Lonxa do Grove”

O obxectivo xeral deste proxecto é a implantación de novas solucións tecnolóxicas que permitan a mellora da competitividade da Confraría de Pescadores San Martín do Grove, a través da mellora no control e rastrexabilidade dos produtos procedentes da pesca.

Os obxectivos específicos do proxecto son:

  • Recortar os tempos de traballo.
  • Mellorar as condicións de traballo na lonxa.
  • Ofrecer un mellor servizo aos asociados/as e mariñeiros/as que veñen de outros Portos pesqueiros, a vender os seus produtos na Lonxa do Grove.
  • Modernización do ámbito socioeconómico do sector, a través da adquisición de novas ferramentas de traballo.
  • Fomento da competitividade da Lonxa do Grove, respecto a outras lonxas.
  • Establecer un sistema de pesaxe mais eficiente, simplificando o proceso de pesaxe.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario