A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, dunha axuda económica de 11.873€, dos cales o 75% son co-financiados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para realizar o proxecto de “Mellora da seguridade das condicións de traballo pola Covid”

O obxectivo xeral deste proxecto é intentar previr os contaxios por Covid-19 na lonxa do Grove, implementando medidas de control e hixiene, para mitigar os riscos da pandemia na saúde dos/as usuarios/as da lonxa.

 

Con este proxecto o que se pretende é mellorar as condicións de traballo das persoas pescadoras como consecuencia da crise sanitaria provocada pola Covid-19, mitigar os riscos da pandemia en saúde e seguridade, adquirindo para elo:

  • Dispositivos de control de capacidade e sistemas de contaxe de persoas.
  • Elementos para controlar os fluxos de movemento e distancias de seguridade.
  • Adquisición de medios de protección e hixiene: dispensadores automáticos de xeles hidroalcohólicos e lávamas bombeados con pedal, analizadores de CO2.

Os obxectivos específicos do proxecto son:

  • Lograr cumprir os aforos máximos en todo momento, seguindo as indicacións sanitarias.
  • Facer un control da calidade do aire, para evitar a transmisión por aerosois.
  • Poñer a disposición dos/as socios/as e compradores/as os medios hixiénicos precisos para evitar posibles contaxios.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario