A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, dunha axuda económica de 62.842,10€, dos cales o 75% son co-financiados polo FEMP e o 25% pola Comunidade Autónoma, para realizar o proxecto de “Modernización do edificio da Lonxa do Grove”

O obxectivo xeral deste proxecto é conseguir a modernización do edificio da lonxa do Grove, co obxectivo de mellorar as condicións hixiénicas e sanitarias da lonxa, e tamén mellorar a seguridade e as condicións de traballo.

Con este proxecto preténdese:

  • Reparación de humidades.
  • Reparación de filtracións.
  • Reparación de paredes e columnas e pintados das mesmas.
  • Reparación de gretas e pintado do edificio da lonxa.
  • Substitución de portais.
  • Instalación de porta corredoira no punto de venta directo da lonxa.

Os obxectivos específicos do proxecto son:

  • Mellorar o sistema de acceso a lonxa.
  • Mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadores.
  • Mellorar a calidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario