A Confraría de Pescadores San Martín do Grove, foi beneficiaria dunha axuda ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, por un importe de 12.738,67€, para o proxecto “COIDAMAR”.
O obxectivo xeral deste proxecto é o desenvolvemento de medidas e acción orientadas á preservación do medio mariño e dos recursos pesqueiros para garantir una pesca sostible.
Con este proxecto preténdese:
- Realizar accións formativas de reciclaxe profesional.
- Adquisición de equipamento para un mellor control, vixilancia e erradicación do furtivismo.
- Control, vixilancia e erradicación do furtivismo.
- Aproveitamento sostible do medio mariño.
Os obxectivos específicos do proxecto son:
- Formación dos gardapescas marítimos.
- Accións de estudo sobre determinados recursos mariños.
- Accións formativas sobre o aproveitamento de cunchas.