A confraría de pescadores San Martín recibiu una axuda económica de 116.070,37€ a través das axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP) para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños ao proxecto “Mar sen Lixo”.

Este proxecto está financiado nun 75% cos fondos do FEMP e cun 25% cos fondos da Comunidade Autónoma, e realizarase durante os anos 2022-2023.

O obxectivo principal do proxecto é limpar os bancos marisqueiros de lixo mariño e concienciar a sociedade en xeral, da importancia de manter o medio mariño limpo.

Como obxectivos específicos están:

  • Retirar os residuos dos bancos marisqueiros.
  • Concienciar ao sector da importancia do coidado do medio mariño e o medioambiente.
  • Dar visibilidade a problemática do lixo mariño.

Na anualidade 2022 realizouse a limpeza dos bancos marisqueiros de Porto Meloxo, Lavaxeira e Casa da Toxa, e participaron 261 persoas pertencentes aos colectivos de marisqueo a pé e poliquetos a pé.

As cantidades de lixo retiradas nesta anualidade ascenden a case 13 toneladas que se reparten do seguinte xeito:

  • Plástico:3.941 kg
  • Téxtil: 120,36 kg
  • Metal: 1.059,50 kg
  • Goma (105 neumáticos retirados): 4.545 kg
  • Vidro/cerámica: 1.586 kg
  • Produtos naturais: 1.342 kg
  • Outros: 238 kg

Ademais nesta anualidade fixeronse 500 guías de boas prácticas, 400 camisetas, 50 posters A3, 500 trípticos e 3 roll up, co obxectivo de darlle publicidade ao proxecto. Tamén se realizaron xornadas formativas sobre o lixo mariño e de acompañamento no día de limpeza, e se comprou o material necesario para levar a cabo a limpeza de residuos mariños.

 

Na anualidade do 2023 realizouse a limpeza dos bancos marisqueiros de Porto Meloxo, Mina, Lordelo, Cubreiro, Correlo, Teixeira e Rego do Sol. Durante dúas xornadas de traballo retiraronse as seguintes cantidades totais:

PLÁSTICO   6.052
TÉXTIL   62
METAL   712
GOMA 51 RODAS 1.861
VIDRO/CERÁMICA   19.690
PRODUTOS «NATURAIS»   19.799
OUTROS – VARIADO   1
TOTAL DE LIXO MARIÑO   48.177

 

Ademáis no 2023, fíxose un vídeo divulgativo para concienciar sobre a importancia de non tirar lixo ao mar, e de manter os ecosistemas limpos, e unha xornada final onde se explicaron os resultados finais do proxecto.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario