A Confraría de Pescadores San Martín foi beneficiaria dunha axuda económica de 14.960€, financiados con fondos propios da Comunidade Autónoma, para o proxecto de “REXENERACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO LOMBO DAS OSTRAS (AR-082)”

 

Os obxectivos xerais do proxecto son:

 

Aumentar a biodiversidade ao complementar este proxecto os anteriores de reintroducción de ameixa babosa.

Aumentar a presenza de bivalvos de valor comercial mediante sementeiras de ameixa xapónica.

Aumentar a fixación natural de xuvenís de bivalvos comerciais ao rexenerar a zona.

Aumentar as zonas de traballo do colectivo de marisqueo a pé da zona de O Grove, diminuíndo a presión extractiva.

Mellorar as condicións de vida e traballo do colectivo marisqueiro.

 

 

Para acadar estes obxectivos precisamos:

 

Mellora do substrato co fin de “soltar”, “airear” e “lavar” o sedimento, mellorando a granulometría (contendo menos finos), a estrutura do mesmo (substrato máis solto e menos apelmazado) e os parámetros químicos (osixenación, etc). Estas tarefas levaranse a cabo mediante un tractor propiedade da Confraría.

 

 

Introducir ameixa xapónica (Ruditapes philippinarum) provinte de criadeiro, aumentando así a biodiversidade e produtividade. Pasado o tempo, cando a ameixa sementada acade un tamaño adecuado faranse rareos na mesma zona e introducirase ademais ameixa provinte de outros bancos, aumentando así o stock da zona.

 

 

Consideramos así que con todas estas accións contribuímos a acadar diferentes servizos ecosistémicos:

 

 

 

De provisión de nutrición: proporcionando animais cultivados in situ.

De regulación e mantemento de fluxo de materiais: as labores de marisqueo axudan a paliar os efectos de sedimentación.

Mantemento das condicións físicas, químicas e biolóxicas: contribuíndo ao mantemento das condicións axeitadas do hábitat, controlando a expansión de especies invasoras, e mellorando as condicións do sedimento.

De mantemento cultural: favorecendo o marisqueo como símbolo da cultura e a economía galega.

De biodiversidade: mellorando a diversidade específica e mantendo a diversidade de hábitats existentes nas últimas décadas.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos requeridos están marcados *

Publicar comentario