A Confraría de Pescadores San Martín do Grove foi beneficiaria no ano 2018, dunha subvención de 33.279,13€ a través das axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
O obxectivo principal deste proxecto é a eliminación parcial dos cornechos invasores, de cara á restauración da biodiversidade dos ecosistemas da Enseada e a recuperación das poboacións das especies autóctonas, e para que en última instancia os bancos marisqueiros volvan ser produtivos, favorecendo o incremento de zonas de traballo e mellorando as rendas anuais do colectivo de marisqueo.
Outros obxetivos esperados:
- Diminución das poboacións de ambas especies de murícidos invasores, mediante a retirada do medio de adultos e ootecas.
- Diminuir a mortandade por depredación de bivalvos comerciais e outras especies autóctonas, mellorando a biodiversidade e conservación dunha zona de gran valor medioambiental.